Skip to main content

Posts

Showing posts with the label Quarantine

How to hug your grandma

How wonderful is this "hug machine"? We love it!

In quarantine - Under the sea parody

Have a break and listen to this funny song! (and sing along!)

Terceiro trimestre

Hello everyone! Esperamos que esteades moi ben. Debido a que a actual situación de confinamento persiste, estas son as pautas que seguiremos para o novo trimestre: Infantil Visitar o blogue de inglés, na páxina de infantil. Suxerimos escoitar as cancións, historias e demais material que se poida ir engadindo para que o alumnado non perda o contacto coa lingua inglesa. Os materiais están distribuídos por temas, por exemplo: cores, tempo atmosférico, familia, profesións, etc. De 1º a 6º Neste tempo que queda de curso cambiaremos un pouco o sistema de traballo: imos empregar GOOGLE CLASSROOM , que nos permite telo todo máis e mellor organizado. Alí iremos colgando recursos, actividades, tarefas, vídeos, cancións, retos, xogos, etc. A nosa intención é seguir reforzando os contidos xa traballados.         1º, 2º, 3º e 4ºB Faranse propostas de traballo semanal. Este traballo semanal de cada alumno/a será seguido pola profesora de in...

How are you?

Good morning, Today we want to ask you the most important question of all: how are you? Gustaríanos saber que tal estades, que facedes, que vos fai sentir ben, que vos preocupa, que vos está resultando máis duro, que vos está gustando máis... Estos días temos unha oportunidade única: a de poder pasar moito tempo coa nosa familia. E como en todo, haberá momentos bos e non tan bos. Pero intentade aproveitalo: xogar xuntos, falar, preguntarlle cousas sobre a súa vida, cantar, bailar, aprender algo novo, cociñar, facer exercicio, ver pelis xuntos, facer cousas que nunca fixeras antes... E non vos preocupedes se tedes momentos malos, é o máis normal do mundo! Esperamos que tanto vós como as vosas familias esteades ben.  Se vos apetece contarnos, estaremos encantadas de lervos! ❤   Teacher Isa: misabelabuin@gmail.com   Teacher Bea: teacherbeaboiro@gmail.com Algo que a nós nos axuda a sentirnos mellor é facer un pouco de ioga. Apetécevos probar? Escoitade...

I Gotta Wash My Hands!

A profe Tati envíanos un divertido vídeo dos Beatles feito para a ocasión: I Gotta Wash My Hands!   Imos darlle un pouco de cor a este día, que xa estamos a Thursday!

Karaoke

Faivos un pouco de karaoke? Atopamos a canción perfecta para darlle un pouco de bo rollo a este domingo enclaustrados. Enjoy!

Información xeral para estes días

Hello everyone! Sabemos que xa tedes traballo das vosas titorías, pero tamén é importante que non perdades contacto co inglés. Por iso, dende este departamento tamén vos imos deixar algo de traballo. Intentaremos que sexa o máis ameno e divertido posible 😉. Para acceder a el tedes que premer na pestaña que leva o nome do voso curso (xusto debaixo do título do blogue). Cousas que podedes facer na casa para ir practicando: Ver os debuxos, series e pelis en inglés. Escoitar cancións en inglés, intentar saber o que di e mirar a letra para comprobalo. Volver a ler os comics do class book . Repasar o vocabulario e estruturas xa vistos. Revisar os exercicios xa feitos no activity book .  Facede de teachers e enseñádelle inglés ás vosas familias, seguro que volo agradecen!                                                       ...