Skip to main content

Información xeral para estes días

Hello everyone!
Sabemos que xa tedes traballo das vosas titorías, pero tamén é importante que non perdades contacto co inglés. Por iso, dende este departamento tamén vos imos deixar algo de traballo. Intentaremos que sexa o máis ameno e divertido posible 😉. Para acceder a el tedes que premer na pestaña que leva o nome do voso curso (xusto debaixo do título do blogue).

Cousas que podedes facer na casa para ir practicando:
  • Ver os debuxos, series e pelis en inglés.
  • Escoitar cancións en inglés, intentar saber o que di e mirar a letra para comprobalo.
  • Volver a ler os comics do class book.
  • Repasar o vocabulario e estruturas xa vistos.
  • Revisar os exercicios xa feitos no activity book
  • Facede de teachers e enseñádelle inglés ás vosas familias, seguro que volo agradecen!                                                                                      
A maiores do traballo proposto, iremos colgando entradas que nos parecen útiles, interesantes e divertidas. Van ir aparecendo xusto debaixo desta entrada, así que botádelle tamén un ollo. 

Na esquina superior dereita desta páxina hai tres pequenas raias verdes, premendo nelas tedes varias webs que nos parecen útiles para seguir aprendendo desde a casa.

*** ACCESO AOS LIBROS DIXITAIS ***
Conseguimos que a editorial nos proporcionara acceso aos libros dixitais, aínda que so é posible de terceiro a sexto. Para acceder tedes que facer o seguinte:
1. Ir á web de BlinkLearning ou á sua app.
2. Rexistrarvos cos vosos datos persoais.
3. Introducir o voso código:
                 - Alumnado de 3º: CL57741787
                 - Alumnado de 4º: CL11425133
                 - Alumnado de 5º: CL33766598
                 - Alumnado de 6º: CL33436299


Para calquera dúbida as teachers estaremos encantadas de axudarvos nas seguintes direccións:
Teacher Isa (infantil, 1º, 2º, 3º e 4ºB): misabelabuin@gmail.com
Teacher Bea (4ºA, 4ºC, 5º e 6º): teacherbeaboiro@gmail.com


Comments