Esta semana o alumnado de cuarto viaxou ata Canadá (pero estivemos de volta para comer 😄). Krista levounos á súa vila, Ayr, e ensinounos o que hai por alá. Encantounos! Con quinto e sexto fixemos grupiños de conversa. Have a good weekend!
Na última semana de cole (da década!) todo foi sobre Christmas . Fixemos actividades de lóxica Xogamos Cantamos " All I want for Christmas is you " Tivemos Secret Santa E nos "Kindness games" escollemos aos alumnos máis amables da aula. Os gañadores foron: 4ºA Adrián, Iria e Laura 4ºC Antía e Carla 5ºA Icía e Sheyla 5ºB Sabela e Samara 5ºC Brian 6ºA David Parabéns aos campións e campioas (e familias). A seguir así! See you next year, Merry Christmas!
Esta semana Krista leunos o conto " Have you filled a bucket today? " e despois falamos da teoría do bucket. Logo aprendemos a distinguir accións de bucket fillers e bucket dippers, xa que o noso propósito é ser cada vez mellores. Cada semana ata as vacacións de Nadal Krista daranos un reto que teremos que completar. Deixámosvos o link para que vós tamén aprendades a ser bucket fillers: Have you filled a bucket today?
Unha vez á semana, aproveitando que temos á nosa auxiliar de conversa, facemos clases orais. Nelas organizamos todo tipo de xogos en grupo e por parellas, e todxs coincidimos en que son os nosos días favoritos. Que importante é xogar! Deixámosvos cunhas fotos!