Good morning,
Today we want to ask you the most important question of all: how are you?
Gustaríanos saber que tal estades, que facedes, que vos fai sentir ben, que vos preocupa, que vos está resultando máis duro, que vos está gustando máis...
Estos días temos unha oportunidade única: a de poder pasar moito tempo coa nosa familia. E como en todo, haberá momentos bos e non tan bos. Pero intentade aproveitalo: xogar xuntos, falar, preguntarlle cousas sobre a súa vida, cantar, bailar, aprender algo novo, cociñar, facer exercicio, ver pelis xuntos, facer cousas que nunca fixeras antes...
E non vos preocupedes se tedes momentos malos, é o máis normal do mundo!
Esperamos que tanto vós como as vosas familias esteades ben.
Se vos apetece contarnos, estaremos encantadas de lervos! ❤
Teacher Isa: misabelabuin@gmail.com
Teacher Bea: teacherbeaboiro@gmail.com
Algo que a nós nos axuda a sentirnos mellor é facer un pouco de ioga. Apetécevos probar? Escoitade a canción e seguide os pasos. Avisamos que é adictiva!
Deixámosvos tamén a letra, para que a cantedes.
Unha aperta grande!
Comments
Post a Comment