Hello everyone! Esperamos que esteades moi ben. Debido a que a actual situación de confinamento persiste, estas son as pautas que seguiremos para o novo trimestre: Infantil Visitar o blogue de inglés, na páxina de infantil. Suxerimos escoitar as cancións, historias e demais material que se poida ir engadindo para que o alumnado non perda o contacto coa lingua inglesa. Os materiais están distribuídos por temas, por exemplo: cores, tempo atmosférico, familia, profesións, etc. De 1º a 6º Neste tempo que queda de curso cambiaremos un pouco o sistema de traballo: imos empregar GOOGLE CLASSROOM , que nos permite telo todo máis e mellor organizado. Alí iremos colgando recursos, actividades, tarefas, vídeos, cancións, retos, xogos, etc. A nosa intención é seguir reforzando os contidos xa traballados. 1º, 2º, 3º e 4ºB Faranse propostas de traballo semanal. Este traballo semanal de cada alumno/a será seguido pola profesora de in...