Hi everyone!
Today is 1st April, April Fools' Day!
Que é April Fools'? Pois ven sendo como o noso día dos inocentes, un día para gastar bromas! 😈
As teachers pensamos en poñervos un post de broma hoxe, pero esto da cuarentena xa nos parecía demasiada broma, polo que tivemos unha idea mellor: que tal se aproveitamos o día para facer algunha bromiña pola casa á familia?
As posibilidades son infinitas, pero deixámosvos algunha idea para que empecedes a maquinar:
- Poñer papel nas puntas dos zapatos para que non lles collan os pés.
- Cambiarlle a roupa dos caixóns de sitio.
- Cambiar de sitio as cousas da cociña.
- Poñerlle celo ao grifo para que cando abran a billa a auga saia disparada.
- Poñerlle celo ao sensor do mando a distancia para que non funcione.
- Poñerlle film transparente ás botellas de gel, champú... para que non saia nada.
- Poñede unha perruca ou disfrazádevos e actuade normal.
- Poñede unha perruca ou disfrazádevos e actuade normal.
Recordade que as bromas deben ser graciosas para todxs xs implicadxs, se non pásanse de bromas!
Comments
Post a Comment