Skip to main content


Estimadas familias,
co fin de que alumnado de PRIMEIRO CURSO  manteña o contacto coa lingua inglesa e cos contidos xa vistos na clase, propoñémosvos unha serie de cancións, fichas e xogos relacionados con temas xa vistos e tamén co tema que estamos traballando actualmente. Por iso vos recomendamos entrar frecuentemente no blogue de inglés para acceder aos distintos recursos que poidan subirse nos vindeiros días.
               Esperamos que os nenos e nenas sigan practicando na casa!


RECURSOS

   Rutinas 

   Tema 1: School  
   Tema 2 : Toys
  • Vocabulario de xoguetes     
  • Xogo  Play a game  
  • Fichas de repaso                 
    Tema 3 : The farm
    Tema 4 : Family (tema que estamos traballando)
  • Vocabulario sobre os membros da familia
  • Conto      My family 
  • Canción      Family song                  
 Actividades: semana do 16 ao 20 de marzo  
  16 de marzo
 1º: escoitar a canción dos días da semana, tempo atmosférico e números do 1 ao 20.
2º: ver o conto My family.
3º: facer esta ficha
4º: estudar números do 1 ao 10 
18 de marzo
1º: escoitar a canción dos días da semana, tempo atmosférico e meses do ano.
2º: repasar números do 1 ao 10
3º facer esta ficha
                                         
  Actividades: semana do 23 ao 27 de marzo 
23 de marzo
1º: escoitar e cantar as cancións das rutinas: días da semana, meses do ano, canción do tempo e dos números do 1 ao 20.
2º: ver o video  How are you today?
3º: xogo para practicar os membros da familia Family game   
4º: lectura escoitando e despois xogo online de completar Game
5º: Goodbye song
25 de marzo
1º: escoitar a canción dos días da semana e ver o video sobre o tempo atmosférico weather video   
2º: Xogo sobre o tempo atmosférico (seleccionar os xogos máis básicos) weather games
3º: Conto sobre a familia Family story
4º: Ver o video How are you today?    
5º: Facer ficha 
6º: Ficha correxida 
Para o fin de semana podedes escoitar e ler ó mesmo tempo este conto de Eric Carle que xa vimos na clase, acordádesvos? Tamén ten xogos ! Espero que o disfrutedes!
Brown bear, brown bear  

Actividades: semana do 30 de marzo ao 3 de abril
30 de marzo
1º: escoitar a canción dos meses do ano e dos números do 1 ao 20
2º: revisamos como se len e escriben os números aquí
3º: xogo   cruise game
4º: xogo   mars game
5º: fichas interactivas sobre números, cando rematemos pinchamos en "terminado" e logo en "comprobar mis respuestas" 
numbers 1      numbers 2      numbers 3       numbers 4
6º: fichas interactivas sobre a familia: family 1     family 2    family 3

Son moitas cousas para traballar, non hai que facelas todas nun día, podemos deixar algunhas para outro momento.
1 de abril

Como ides co traballo? espero que vos gusten os xogos e as actividades. Hoxe imos repasar os días da semana e meses do ano 
1º: facemos unha ficha interactiva ordenando os días da semana worksheet
2º: xogo dos días da semana days of the week game     game 2
3º: escoitar e ler os meses do ano months of the year    
4º: xogo meses do ano e días da semana months and days
    
Actividades: semana do 14 ao 17 de abril
15 de abril
Despois destas "vacacións" seguimos a traballar un pouquiño, parécevos?
1º: Escoitamos a canción das cores Colours song
2º: Facemos os tres primeiros apartados desta actividade colours worksheet e comprobamos cantas cores acertamos!
3º: Vemos atentamente estes video para repasar os obxectos da clase video video
4º: Despois atrevémonos a facer este traballo? school objects

17 de abril
1º: recordamos os xoguetes e cantamos varias veces esta canción toys song  e completamos levando as palabras ao seu sitio correspondente, xa sei que é difícil, pero a ver se vos sae...
2º: despois facemos este traballo... toys worksheet  
3º: seguimos cunha actividade aínda máis complicada, atrevédesvos? 
toys worksheet 2
cantas acertades? podedes repetir as veces que queirades...premede en "terminado" e logo "comprobar"... boa sorte!
Déixovos unha pequena historia do paxaro Maggie, que intentando buscar o seu "pencilcase" desordenou tooodo o seu cuarto, espero que a disfrutedes!   Toys Steve and Maggie








Comments

Post a Comment