Agora que o curso remata gustaríanos despedirnos de vós tamén por aquí. Foi un pracer ser as vosas teachers 😊
Esperamos que teñades un bo verán, que despois deste curso tan raro tédelo ben merecido. Descansade e disfrutade. E se nalgún momento queredes practicar inglés, deixámosvos por aquí un montón de propostas.
See you in September, have a great summer! 🏖
Read 📚
Se non tedes ningún libro en inglés pola casa, hai moitos por internet que ademáis vos dan a opción de escoitalos. Tedes moitos en Storyberries, en Brightly Storytime, en OxfordOWL e en Storyline.
Tamén hai textos interesantes en British Council.
Nesta entrada deixámosvos varios vídeos con algúns dos nosos libros favoritos.
Listen 🔊
Cada día escoitamos música en inglés incluso sen darnos de conta. Aproveitade e intentade saber o que di, aprendede a letra dunha canción que vos gusta... A que mola cantar unha canción ben e non ter que tarareala? Na web Lyrics Training tedes moitísimas.
Tamén podedes escoitar a radio. Aquí
podedes facer unha viaxe arredor do mundo escoitando diferentes
emisoras.
Ademáis, recomendamos varios canais de cancións: Super Simple Songs, Pinkfong!, The Singing Walrus, Maple Leaf Learning.
Watch 📺
Por qué non probamos a ver a tele en inglés? A maioría das series e películas que vemos están dobladas, pero podemos poñelas en versión orixinal. Simplemente temos que cambiar o audio dende o mando.
Deixámosvos tamén varios canais con vídeos para seguir aprendendo vocabulario e outros contidos: Wow English, British Council, English Singsing, National Geographic Kids, Fun Kids English, English with Cartoons, e Moviestars English.
Vídeos para refrescar a gramática en A place for sharing e en Compass Publishing.
E por último, debuxos animados: Pete the cat e Clan en inglés.
Write 📝
Podedes escribir un cómic ou un diario do que vos pasa no verán.
Facer un cuadernillo de repaso en Liveworksheets (entrando co voso usuario e contrasinal).
Speak 🎙
Podedes facer vídeos graciosos dándolle vida a obxectos. Que diría o cubo do lixo se puidera falar? E a vosa mascota?
Probadeo! É adictivo!
Enjoy 🥳
E por último, aquí van algunhas propostas para pasalo ben (in English):
Cantar e bailar: GoNoodle, Just Dance Disney.
Practicar ioga en Cosmic Kids Yoga ou en Smile and Learn
Cociñar co chef Jamie Oliver e os seus fillos.
Plantar algo.
Atreverte co noso challenge.
Xogar: Highlights Kids, Games to learn English, Fun Brain, CBeebies, PBS Kids, Koalatext.
Comments
Post a Comment