Skip to main content

PLANTING THE FUTURE

Este ano na escola decidimos traballar cara unha vida máis sostible a través de diversas accións, como diminuír a presenza de plástico nas nosas vidas, a reciclaxe, o consumo responsable… 
Aproveitando que os de 6º estabamos falando de hortos, decidimos poñernos mans á obra para volver a darlle vida ao noso horto escolar. A través dun horto podemos aprender infinidade de cousas sobre responsabilidade, respecto, conservación e coidado do medio ambiente, aproveitamento de residuos, alimentación saudable, redución da pegada de carbono a través do consumo local e de temporada, etc. 
Esta vez plantamos coliflor, brócoli, grelos e cebolas. A ver que tal se dan!
Deixámosvos coas fotos dunha xornada na que saímos da aula para gozar do contacto coa natureza, pasalo ben e aprender inglés.

Comments