Skip to main content

Posts

Showing posts from November, 2019

Aprender xogando

Unha vez á semana, aproveitando que temos á nosa auxiliar de conversa, facemos clases orais. Nelas organizamos todo tipo de xogos en grupo e por parellas, e todxs coincidimos en que son os nosos días favoritos. Que importante é xogar! Deixámosvos cunhas fotos!

Idiom of the month

Os idioms (expresións ou frases feitas en inglés) ademais de enriquecer o noso dominio do idioma, poden resultar interesantes e divertidos. Cada mes aprendemos un novo e facemos a nosa versión ilustrada. Deixámosvos co de outubro:  

PLANTING THE FUTURE

Este ano na escola decidimos traballar cara unha vida máis sostible a través de diversas accións, como diminuír a presenza de plástico nas nosas vidas, a reciclaxe, o consumo responsable…  Aproveitando que os de 6º estabamos falando de hortos, decidimos poñernos mans á obra para volver a darlle vida ao noso horto escolar. A través dun horto podemos aprender infinidade de cousas sobre responsabilidade, respecto, conservación e coidado do medio ambiente, aproveitamento de residuos, alimentación saudable, redución da pegada de carbono a través do consumo local e de temporada, etc.  Esta vez plantamos coliflor, brócoli, grelos e cebolas. A ver que tal se dan! Deixámosvos coas fotos dunha xornada na que saímos da aula para gozar do contacto coa natureza, pasalo ben e aprender inglés.

All the way from New Zealand...

A semana pasada tivemos unha visita especial, nin máis nin menos que da outra parte do mundo! Jess contounos un pouco sobre ela e Nova Zelandia.  Thanks for your visit! 

Halloween

Esta semana as clases de inglés foron all about Halloween. Aprendemos un montón de cousas! Krista falounos de como se celebra en Canadá e visitamos unha haunted house! 😱 Os máis pequenos traballaron a canción Go away! E os maiores This is Halloween Tamén escoitamos contos, como o de Room on the broom Fixemos varios xogos con tarxetas, un Bingo, debuxamos monstros...   Os de sexto viron un corto de medo...  e menudo susto levaron ao final! 😂 A guinda do pastel foi un Trick or treat entre as clases: Happy Halloween!